Achacan a unha estratexia "sibilina" do capelán da Lama as acusacións contra os Miguelianos
Por Natalia Puga
Iria Quiñones, consagrada da Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, negou este martes de forma reiterada as acusacións que pesan sobre esta asociación privada de fieis e sobre o seu líder e fundación, Feliciano Miguel Rosendo da Silva.
Na súa declaración como acusada no xuízo que se está celebrando na Audiencia Provincial de Pontevedra asegurou que xamais presenciou nin tivo coñecemento directo dos episodios de relacións sexuais ou exorcismos que relatan os antigos adeptos e atribuíu a investigación que deu lugar a esta causa a unha inquina persoal do capelán do cárcere da Lama, Isaac de Vega.
Segundo o seu testemuño, De Vega estivo moi vinculado durante anos á asociación, pero en 2012 "empezó un proceso de destrucción silenciosa de la orden" e que "sibilinamente intentó amargarnos la existencia". A ruptura deste relixioso co colectivo produciuse no ano 2013, pero "ya había empezado antes su labor".
Esta consagrada de Orden y Mandato, acusada nesta causa polo delito de asociación ilícita polo que o fiscal pide que sexa condenada a dous anos de prisión, declarou durante cinco horas este martes na Audiencia e pechou filas sobre a actividade da orde, negando non só os supostos delitos sexuais ou contra a integridade moral, senón tamén calquera irregularidade de tipo económico, polo menos, que ela tivese coñecemento.
Tras saltar á luz a investigación sobre esta asociación, hoxe disolta pola Igrexa, coñeceuse ás consagradas que levaban hábito de Orden y Mandato como pseudomonxas. Ela este martes quixo mostrar o seu malestar por este termo. "Me duele mucho que se nos trate de pseudomonjas porque esto es una práctica habitual de la iglesia, éramos consagradas como hay otros 5.000 movimientos en la iglesia hoy en día que se están fundando y que empiezan así, siendo la asociación pública de fieles", explicou.
"Entiendo que esto para la gente de la calle es una chaladura", recoñeceu nun momento dado esta acusada ao referirse ao balbordo que se xerou cando as familias das consagradas da orde empezaron a denunciar presuntas irregularidades. Ocorreu a finais de 2013 e o desencadenamento sitúao na visita a un dos 'locutorios' da asociación dos pais da coacusada Ivana Lima "diciendo barbaridades, diciendo lo mal que estaban, lo mal que lo estaban pasando".
Tras esa visita, viñeron máis de persoas ás que Iria Quiñones chama os "agitadores", as persoas da familia de consagradas cos que estes pais e outros empezaron a falar dicíndolles que as súas fillas non estaban a recibir un bo trato en Orden y Mandato. Foron "los peores meses de mi vida", pois ela "entendía a los padres lo que estaban viviendo, pero tampoco podía darles la razón porque sus hijas estaban perfectamente y estaban allí porque querían".
Estas afirmacións servíronlle tamén para negar outras acusacións sobre o feito de que as consagradas non tiñan liberdade de movementos ou sobre prácticas fóra da igrexa por parte de Miguel Rosendo. Así, negou que que emulase ser San Miguel Arcanxo ou protagonizase escenas de exorcismos ou falase de poderes sobrenaturais. De feito, na súa opinión, "la facultad sobrenatural que tenía era que rezaba, cosa que los demás no solíamos hacer".
Entre as prácticas que nega figuran o feito de que Miguel Rosendo fixérase pasar por sacerdote ou dese a comuñón. Así, asegura que el nin sequera pedíalles que lle chamasen "padre", pero que o facían igualmente porque así llo pedían sacerdotes que lles visitaban na casa 'nai' de Mougás ou no convento de Vilariño. "Todos los sacerdotes que nos rodeaban se hartaban de decirnos que Miguel era un tesoro, que no sabíamos lo que teníamos", asegura, "decían: cuidado con lo que haces con esta gente, porque estás pisando terreno sagrado".
Ao respecto, insistiu en que a pesar de que carecía de fomación en teoloxía, Feliciano Miguel Rosendo "tenía una vivencia de Dios y tenía una manera de hablar de Diós que incluso a los sacerdotes les sobrecogía". En todo caso, repetiu que el "nunca me invitó a mirarle como alguien especial".
As acusacións de abusos ou agresións sexuais son as máis fortes que se seguen nesta causa, das que tanto a Fiscalía como a acusación particular responsabilizan a Miguel Rosendo, para quen pide 66 e 85 anos de prisión, respectivamente. A pesar de que a coacusada Dolores Espiñeira asegurou na sala de vistas que Iria Quiñones participaba en "ruedas", nome co que se refería a orxías sexuais, ela negou todo de xeito contundente.
"Yo he vivido otra cosa", asegurou, á vez que indicou que é "incomprensible" e "loco" todo o que se afirma sobre as prácticas sexuais nas que Feliciano Miguel supostamente mantiña relacións coas consagradas e outros integrantes da orde supostamente "para purificarlas" ou "quitarles los demonios". Segundo os denunciantes, a esas accións chamáballes "trabajos" ou "trabajitos", pero Quiñones asegura que, cando alguén falaba neses termos referíase a "oraciones" que facía o líder en privado.
Relacionadas:
-
Unha testemuña confirma que a familia Ruiz-Mateos doou 300.000 euros para unha obra dos Miguelianos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un benefactor dos Miguelianos confirma que doou máis dun millón de euros "para dar consistencia ao grupo"
Por Natalia Puga |
-
Unha ex Migueliana relata que sufriu oito anos de abusos sexuais coa escusa de purificala e curarlle un cancro
Por Natalia Puga |
-
Denuncian coaccións e ameazas para evitar que declaren as testemuñas do xuízo dos Miguelianos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Unha ex Migueliana relata vivencias "espeluznantes" de abusos sexuais, exorcismos, agresións e sometemento
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os Miguelianos gardaban o pelo e as uñas do seu fundador como "reliquias" dun futuro "santo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O líder dos Miguelianos e as súas dúas horas de "nunca" para negar actos sexuais e satánicos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |