Medio cento de persoas xubiladas reclaman a viabilidade futura das pensións
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Convocados polos sindicatos Comisións Obreiras e UXT, medio centenar de persoas xubiladas acompados por delegados sindicais concentrábanse ante a Subdelegación do Goberno durante o mediodía deste martes 2 de outubro.
A secretaria comarcal de pensionistas de UXT, Marisa Rodríguez, afirmaba que reclaman que a subida do IPC se blinde nas pensións, de forma que se incremente de maneira anual. Neste mesmo sentido, Luís Camiña, secretario comarcal dos pensionistas de CC.OO. afirmaba que pretenden a viabilidade no futuro de pensións seguras e dignas.
Sinalan que os pensionistas, desde a crise, aínda son os que sosteñen un importante número de vivendas familiares. Reclaman o bono social para enerxías no fogar. Afirman que manterán as súas protestas ata que se materialice a actualización anual do IPC nas súas pensións.
"Costounos un riñón e parte do outro con este goberno subir o IPC porque o PP e Ciudadanos opoñíanse", afirma Marisa Rodríguez, que mantén que esta loita non a realizan só por eles senón tamén polos pensionistas das seguintes xeracións.