Comezan as obras de reparación do camiño de acceso a un grupo de vivendas na Insua
Por Redacción
Media ducia de vivendas da Insua mellorarán os seus accesos dentro das obras programadas polo goberno local de Ponte Caldelas nas distintas parroquias do municipio.
Neste caso, o camiño da Insua serve de conexión coa estrada autonómica. Trátase do único acceso a este grupo de casas, algunhas delas atópanse en proceso de restauración, mentres que outras están habitadas de forma permanente e tamén de maneira ocasional.
Segundo o alcalde Andrés Díaz, o anterior goberno levou a cabo unha obra parcial que terminou "abandonada". Este camiño conta con só parte do seu percorrido con tubo de recollida de augas pluviais. O firme de formigón quedou parcheado pero, co paso dos meses, foise deteriorando. Mesmo, dúas vivendas atópanse sen este servizo de augas e con terra nese tramo do camiño.
As obras iniciadas durante estes últimos días contemplan a instalación dun pozo de conexión entre a rede de pluviais a medio facer e o tramo que resta ata o fondo, coa idea de garantir unha boa evacuación. No tramo inicial, que conta con maior pendente, instalaranse as estruturas de ferro que faltaban, aplicándose posteriormente zahorra e unha capa de asfalto.