Un partido moi rifado e solidario entre a Garda Civil e os servizos de emerxencias
Por Redacción
Empate a tres e necesidade de ir á quenda de penaltis. Así de rifado estivo este domingo o partido de fútbol que enfrontaba á Garda Civil e a persoal de emerxencias no campo municipal de As Corticeiras de Caldas.
O encontro, con fins solidarios en beneficio de Cáritas, pechou finalmente cunha vitoria do equipo integrado por xogadores procedentes de Protección Civil, Policía Local e servizos de ambulancias, que se fixeron co marcador nos penaltis.
Ademais da recadación, doada integramente a Cáritas, organizouse unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros no propio campo de fútbol que se pechou cun balance positivo.