6 de marzo e 11 xullo, festivos locais de 2019 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Sen cambios. A corporación municipal aprobou por unanimidade que os dous festivos locais que, por competencia legal, correspóndelle fixar ao Concello de Pontevedra serán os mesmos que nos últimos anos: o Mércores de Cinza e o día de San Benitiño.
Así, en 2019 non serán laborables o 6 de marzo e o 11 de xullo, segundo o acordo plenario que foi ratificado este venres.
En total, como cada ano, os pontevedreses gozarán de catorce xornadas festivas.
Ademais dos dous festivos locais, tampouco serán laborables os días 1 de xaneiro (Aninovo), 18 e 19 de abril (Xoves e Venres Santo), 1 de maio (Día do traballador), 25 de xullo (Día de Galicia), 15 de agosto (Día da Asunción), 12 de outubro (Día da Hispanidade), 1 de novembro (Día de todos os santos), 6 de decembro (Día da Constitución) e 25 de decembro (Día de Nadal).
Como hai dous festivos -6 de xaneiro (Día de Reis) e 8 de decembro (Día da Inmaculada)- que caen en domingo, a Xunta de Galicia decretou que este ano volvan ser festivos o 19 de marzo (Día de San José) e o 17 de maio (Día das Letras Galegas).
Relacionadas:
-
O fervor por San Benitiño non se detén polas altas temperaturas
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Día do Carme e o Mércores de Cinza repiten como festivos locais en Marín
Por Redacción |
-
Instan ás administracións a cumprir as sentenzas do tren e dos recheos do porto
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |