O Concello do Grove concede ás Centolas de Ouro 2018
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Logo da reunión mantida esta semana polo Consello Local de Turismo e unha vez analizadas as propostas, o Concello do Grove comunicou este venres aos premiados a concesión do galardón.
Seguindo a dinámica habitual son dous premios individuais e dous colectivos que recoñecen a traxectoria vital e profesional daqueles que contribúen ao desenvolvemento social do Grove e, especialmente, no relativo ao sector turístico, pero tamén a mellorar a realidade e contorna do municipio.
No ano 2018 foron designados cos premios Centolas de Ouro: Cristina García, Joaquín Ángel Triñanes Fernández, o Hotel Bosquemar e a Asociación de Amigos da Dorna Meca.
A Centola de Ouro recoñece en todos eles unha traxectoria de traballo e un especial compromiso coa promoción e divulgación do Grove e as súas potencialidades turísticas.