Os "raios X" volven a Baltar
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde reanudou este xoves a actividade de radiodiagnóstico no centro de saúde de Baltar en Sanxenxo, tras renovar a súa aparataxe.
Esta incorporación da continuidade a novas obras de mellora e remodelación da sala de Radioloxía do centro de saúde sanxenxino.
Cunha inversión de 67.000 euros, as actuacións contemplan a renovación completa do equipo e a dotación dunha mesa de exploración máis confortable para os usuarios do centro de saúde de Baltar.
O novo equipo de radiodiagnóstico é máis ergonómico para o uso dos profesionais. Entre as súas principais vantaxes destacan a execución das probas cunha maior rapidez que o aparato anterior e unha menor emisión de radiacións.
No que respecta á sala de Radiodiagnóstico, a reforma planificada continuará agora -sen afectación da actividade que implique traslados provisionais- coa renovación da iluminación -luz LED- e a instalación eléctrica.
Outras melloras contempladas neses espazos serán á vindeira substitución do chan da sala, efectuando tamén tarefas de pintado e carpintería.