Despregamento de medios para sufocar un incendio forestal en Castrolandín, Cuntis
Por Redacción
Os efectivos de loita contra incendios da Consellería do Medio Rural tiveron que despregarse este xoves para sufocar un incendio de forestal declarado no municipio de Cuntis.
O lume iniciouse pasadas as 17:00 horas da tarde na zona de Castroladín, sen que chegase a afectar nun primeiro termo ao xacemento arqueolóxico do lugar.
Oito brigadas, dous axentes, unha pa e ata catro helicópteros desprazáronse ata a zona para estabilizar primeiro controlar máis tarde o incendio.
As tarefas de extinción obrigaron ao corte da estrada que une Cuntis con Mesego, e ademais resultou afectado a subministración eléctrica.