O líder dos Miguelianos e as súas dúas horas de "nunca" para negar actos sexuais e satánicos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
"Me acojo a mi derecho a no declarar más que a las preguntas de mi abogado por la indefensión y el maltrato que he tenido durante cuatro años. Me siento inocente, igual que mi mujer y mis hijos". Feliciano Miguel Rosendo dá Silva, principal acusado do denominado caso dos Miguelianos como líder e fundador da Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo, empezou con estas frases a súa intervención este xoves ante a Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, apenas un puñado de palabras que xa foron toda unha declaración de intencións sobre cal sería o contido de toda a súa defensa na sala.
O acusado anunciou que se acollía ao seu dereito a non declarar máis nada que ás preguntas do seu avogado defensor, Marcos García Montes, de modo que tanto o fiscal do caso, Juan Pablo Martínez, como os avogados da acusación particular e do resto de defensas quixeron deixar constancia ante o tribunal que está a xulgar as supostas irregularidades de Orde e Mandato as preguntas que lle formularían se pedisen. Empezaban máis de dúas horas de sesión na que se formularon centos de preguntas sen resposta, ata que tres horas despois do inicio do xuízo, á unha do mediodía, si empezou a declarar.
A preguntas do seu avogado, tomou a palabra durante dúas horas e destinounas a defender a súa inocencia insistindo con incontables "nunca" en que non é responsable de ningunha das accións de contido sexual e satánico que lle atribúen o fiscal e a acusación particular e que desde o inicio deste procedemento foron relatando persoas que no pasado formaron parte desta asociación de fieis hoxe disolta pola Igrexa, antigos adeptos e defensores de Miguel Rosendo que agora relatan que estaba detrás de rituais e prácticas de dubidoso contido relixioso e moi sexualizadas que incluirían abusos e agresións sexuais ou coaccións.
"Nada de lo que se ha dicho fue cierto", asegurou Feliciano Miguel, que tamén quixo aclarar que cando empezou a investigación da Igrexa sobre Orde e Mandato el foise a Madrid e estableceu a sede da asociación alí, pero "no para escapar, como se ha dicho", senón porque xa levaba dous anos denunciando "persecuciones" e "no aguantaba más".
Ao fío desa situación, tamén insistiu en que non só é mentira que el abusase de ninguén como sosteñen as acusacións, senón que "habría que ver quién fue el abusado, mi mujer, mi hija, mi persona, por parte de estos padres y de muchos más", en alusión ás familias que formaran parte da asociación e acabaron contratando un detective privado que fixo o informe deu lugar a esta causa.
Feliciano Miguel, a quen, segundo el indicou, moita xente coñecía como " Totó", sostivo a súa inocencia en todos os aspectos nos que se basea a acusación contra el e, tirando do seu habitual "nunca", insistiu en que xamais oficiou misa e en que en Orde e Mandato "nadie estaba obligado a nada" e "el que quería marcharse, podía (...) todos eran libres en su acción".
"Nunca ni levanté la mano ni humillé a nadie. A lo mejor pequé de demasiada obediencia. Lo hice todo por amor"
"Nunca ni levanté la mano ni humillé a nadie. A lo mejor pequé de demasiada obediencia. Lo hice todo por amor", insistiu, presentándose como unha persoa de bondade absoluta que foi vítima dunha confabulación.
O acusado detívose especialmente en negar as acusacións de abusos e agresións sexuais cara ás consagradas da asociación. "En absoluto, e todo falso", mantivo, á vez que quixo aclarar que el non era o dono dun preservativo que un ex membro da asociación atopou nun cartafol, pois "soy alérgico a toda clase de ... Trabajé unos años en pintura y tengo alergia, no puedo utilizar un preservativo".
En relación coas acusacións da acusación particular de que quedou con diñeiro da asociación e enriqueceuse, asegurou que "nunca me dieron dinero" e, sobre as afirmacións de que utilizaba as herboristerías que tiña en Vigo para rituais satánicos, insistiu en que o único que facía nesas reunións nos seus locais era "enseñarles el camino y la iglesia, la familia...".
Nesa herboristería utilizábanse "técnicas naturales de purificación, con incienso" e facíanse "oraciones y terapias naturales, totalmente naturales". De feito, asegura que el non é partidario do curanderismo, senón que estivo "en contra, siempre" e tan só cre en "el beneficio de los productos alimenticios naturales. Creo en todo eso, desde luego, pero no creo en el curanderísmo".
Nas súas negativas tamén destacan que "nunca fui curandero, nunca fuo vidente" e que mesmo "luchó" contra quen lles chamaba pai ou vidente.
A recta final do interrogatorio centrouse nas consecuencias que tivo este procedemento xudicial para este acusado, para quen a Fiscalía pide 66 anos de prisión e a acusación un total de 85. Segundo relatou, entre os ex adeptos, as acusacións e os medios de comunicación creouse unha imaxe sobre el "como un monstro, como un asesino".
De feito, "tratan mejor a los asesinos que a mí en los primeros años", sostivo, para pasar a relatar que na prisión de Teixeiro na que pasou a última parte da súa prisión preventiva sufriu unha malleira e que lle trataron mal tanto alí como na Lama, onde estivo ao principio e onde é capelán a persoa á que el sitúa tras todas as acusacións contra el, Isaac de Veiga: "llegué a la Lama y he llevado palizas porque era un violador, porque era un sinvergüenza en el nombre de este capellán".
Relacionadas:
-
O caso dos Miguelianos, entre aclaracións da sentenza e recursos
Por Natalia Puga |
-
VÍDEO.- 'Alegato' final do líder dos Miguelianos: "nunca quixen que a súa liberdade fose rota"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Visto para sentenza o macroxuízo dos Miguelianos, o máis longo da Audiencia de Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Reducen a petición de condena para dous dos sete acusados no macroxuízo dos Miguelianos
Por Natalia Puga |
-
Dous peritos do xuízo dos Miguelianos descartan que as consagradas estean "abducidas"
Por Natalia Puga |
-
A Igrexa detectou abusos sexuais nos Miguelianos, pero non os denunciou porque os consideraban pecado, non delito
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Unha ex Migueliana relata que sufriu oito anos de abusos sexuais coa escusa de purificala e curarlle un cancro
Por Natalia Puga |
-
Denuncian coaccións e ameazas para evitar que declaren as testemuñas do xuízo dos Miguelianos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Achacan a unha estratexia "sibilina" do capelán da Lama as acusacións contra os Miguelianos
Por Natalia Puga |
-
Unha ex Migueliana relata vivencias "espeluznantes" de abusos sexuais, exorcismos, agresións e sometemento
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os Miguelianos gardaban o pelo e as uñas do seu fundador como "reliquias" dun futuro "santo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A familia do líder dos Miguelianos reclama 360.000 euros por ser acusados "indebidamente"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os Miguelianos fracasan no intento de suspender o xuízo, que segue con gran expectación mediática
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O caso dos Miguelianos, a xuízo catro anos despois con dez persoas no banco
Por Natalia Puga |