Morre un mozo de 27 anos nun accidente de tráfico en Vilaboa
Por Oskar Viéitez
O 061 informou dun accidente de tráfico en Vilaboa no que resultou morto un home de 27 anos, coas iniciais R.R.F. Trátase dun mozo veciño de Seixo (Marín).
Este servizo de urxencias sanitarias recibiu o aviso por un accidente de moto, á altura da parroquia de Figueirido, ás 3.34 horas desta madrugada do mércores.
Segundo informou a Garda Civil, o accidente consistiu nunha saida de vía coa moto na estrada nacional N-550, no punto quilométrico 129 do término municipal de Vilaboa.
A ambulancia medicalizada que acudiu ao lugar atendeu dúas persoas, o mozo falecido e a outro home de 29 anos, que foi dado de alta no punto.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal do equipo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento para a retirada dos danos provocados polo impacto.
A vítima mortal do accidente estaba liberada e accesible.