Propoñen equiparar o salario dos bombeiros do consorcio provincial aos de Ourense e Lugo
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra pedirá á Xunta de Galicia que autorice, no marco das súas competencias, que os bombeiros do consorcio provincial sexan equiparados a nivel salarial cos efectivos dos parques das provincias de Lugo e Ourense.
Así o anunciou o deputado Carlos López Font, que avanzou que este asunto será tratado de forma monográfica na xuntanza do consorcio convocada para o próximo 3 de outubro.
Tal e como requiren os informes técnicos, aclarou o deputado socialista, o goberno provincial proporá á Xunta de Galicia a posibilidade de activar unha disposición da Lei de Emerxencias que posibilitaría esta equiparación.
López Font recorda que sen este trámite, a Deputación non pode, de forma legal, aprobar esta medida. É a Xunta, asegura, a que ten que consensuar o asunto coas deputacións provinciais.
O deputado Carlos Font expresou o seu desexo de que "sexa posible chegar a consensos", tendo en conta que no último pleno do consorcio contra incendios, ambas partes manifestaron a súa vontade política para poñer en marcha este proceso.
A Deputación entende que esta reivindicación dos bombeiros de Pontevedra está "plenamente xustificada", de forma que o persoal que realiza os mesmos traballos perciba as mesmas remuneracións.
Relacionadas:
-
O pleno do consorcio provincial contra incendios aproba un orzamento de 3,7 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Os bombeiros dos parques provinciais de Pontevedra cobrarán o mesmo que os do resto de Galicia
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra ve "decepcionante" a proposta da Xunta para comarcalizar os bombeiros
Por Alejandro Espiño |
-
Aproban a equiparación salarial dos bombeiros do consorcio provincial
Por Oskar Viéitez & Paula Sanmartín |
-
Deputación encarga un estudo "exhaustivo" sobre as emerxencias na provincia
Por Redacción |