Marín acondiciona unha nova ruta de sendeirismo de "Monte e Praias"
Por Redacción
O Concello de Marín, a través da súa área de Turismo, está a realizar os traballos para adecuar unha nova ruta de sendeirismo no municipio, a Ruta Monte e Praias.
Esta nova vía de sendeirismo percorrerá o Monte Penizas, os muíños do río Loira, o banco de Pastoriza, o castelo de Ardán e todo o litoral desde a praia do Santo ata o centro urbano.
En total a ruta circular contará con 25 quilómetros de percorrido que poderá ser acurtada a 13 quilómetros no río Loira, o que a converterá en alcanzable para todos os públicos.
Os traballos que se realizan estes días céntranse na roza e adecuación do trazado, o pintado de sinalización e a instalación de balizas e paneis explicativos sobre o patrimonio histórico e natural que se poderá gozar ao longo do seu percorrido.