A Garda Civil reta o persoal de emerxencias nun partido benéfico en Caldas
Por Redacción
En 2017 foi o clero, en Cuntis, e agora é a quenda do persoal de emerxencias ben preto, en Caldas de Reis.
A Garda Civil retará a un partido de fútbol a integrantes de Protección Civil, Policía Local e Ambulancias, pero farao por unha boa causa.
Trátase dun encontro benéfico a beneficio de Cáritas que se disputará o vindeiro domingo 30 de setembro no campo municipal de As Corticeiras a partir das 16:30 horas da tarde.
As entradas poden adquirirse en Bar Susi, Bar Leo e Daguerre.
Ademais da recadación, doada integramente, organizarase unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros no propio campo de fútbol.
Relacionadas:
-
Emerxencias vs Garda Civil, fútbol con fins benéficos o domingo 24 en Caldas
Por Redacción |
-
A Garda Civil volve gañar en Cuntis ao clero, que se achega ao empate cun 6-5
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Garda Civil vs servizos de Emerxencias: marque quen marque, gaña a loita contra o cancro
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Marcador de 6-4 no campo da Ran: xogaron o clero e a Garda Civil e gañou Cáritas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Un partido moi rifado e solidario entre a Garda Civil e os servizos de emerxencias
Por Redacción |
-
Gardas civís contra curas, un partido benéfico "por todo o alto" en Cuntis
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |