Festa dos máis veteranos de Cerdedo, Cotobade e Moraña
Por Redacción
Este sábado houbo festas en Cerdedo-Cotobade e Moraña, os protagonistas foron os máis veteranos.
Máis de 450 persoas participan na XIX Festa da Terceira Idade de Moraña, que incluiu charlas, misa, xantar popular e festival de bandas. Celsa Rey Barros e José Rodríguez Martínez, ambos da parroquia de Laxe, recibiron os premios como asistentes de máis idade.
A alcaldesa Luisa Piñeiro considera "fundamental" o recoñecemento do traballo dos maiores, aos que tilda de "claves" no progreso de Moraña.
Cerdedo-Cotobade consolidou, pola súa banda, a súa Xuntanza da Terceira Idade con 450 asistentes na segunda edición.
O certame celebrouse este ano en Cerdedo tras estrearse na Carballeira de San Xusto. María Valiñas, de Figueroa, e Orencio Paula, de Valongo, foron distinguidos por ser os asistentes máis maiores do evento.
Os responsables municipais Jorge Cubela e José Balseiros presidiron os actos, que incluiron misa, a actuación dos Abrentes, xantar no pavillón e verbena popular de peche.