Unha muller e o seu fillo resultan feridos nun accidente de tráfico en Cambados
Por Redacción
Unha muller e o seu fillo resultaron feridos de consideración nun accidente de tráfico rexistrado este sábado en Cambados.
Segundo informaron desde Protección Civil, o sinistro tivo lugar na estrada PO-550 ao mediodía do sábado á altura da gasolineira de Castrelo.
A muller, unha veciña de Cambados de 41 anos, conducía un Seat Altea no que tamén viaxaban dous fillos seus menores de idade. O seu coche foi golpeado por detrás por outro vehículo.
O impacto provocou lesións cervicais á muller e a un dos nenos, de 7 anos de idade, resultando ilesa a outra menor. Foron trasladados ao Hospital do Salnés.
Como consecuencia do impacto permaneceu cortado ao tráfico parte da vía, orixinándose algunhas retencións.