A cabalo entre Sanxenxo e Sabucedo
Por Diego Torrado
O tempo desanimou a algúns participantes pero aínda así o estrea da primeira ruta cabalar entre O Salnés-Terra de Montes, xa foi considerada como todo un éxito.
Ao chegar a Pontevedra os seus organizadores estaban satisfeitos: superaron a primeira etapa e lograron unha notable participación pese a que a choiva e o frío deulles escasa tregua.
Xinetes e amazonas cubrirán entre o venres e o sábado sete municipios, ou o que é o mesmo 83 quilómetros. Partiron subidos ás súas monturas na mañá do venres desde Sanxenxo pasando por Meaño, Meis e Pontevedra.
O traxecto completarase o sábado atravesando Campo Lameiro e Cerdedo para chegar a Sabucedo. En cada un destes concellos están sendo recibidos por representantes municipais e agasallados con algún produto típico.