Cidadáns pide garantir que ningún neno "quede fóra" dos comedores escolares
Por Redacción
A concelleira de Cidadáns, María Rey, esixiu un cambio na regulación dos comedores escolares, de forma que ningún neno "quede fóra" deste servizo.
A este respecto, Rey solicita que o Concello habilite unha partida urxente destinada a sufragar o servizo de comedor escolar aos 65 nenos que quedaron en lista de espera para as 32 prazas que sufraga a administración municipal.
O servizo de comedores escolares xestiónao Fanpa Pontevedra a través dun convenio co Concello, orzado en 240.000 euros.
Das prazas de comedor existentes, o Concello sufraga un total de 32 a través do departamento de Servizos Sociais, unha cifra que para a concelleira resulta "bastante ridícula".
"Despois de garantir que todos os escolares que o solicitaron están dentro do programa de comedores, será a hora de resolver este problema como se teña que resolver, a través dunha convocatoria pública con bases, para que non volva darse unha situación tan vergoñosa no futuro", engade a edil de Cidadáns.
A concelleira criticou así mesmo o feito de que estas axudas comecen en outubro, cando as clases xa comezaron o 12 de setembro.
Ademais, Rey subliña que hai que recuperar a axuda para material escolar de 0 a 3 anos, que existía anteriormente do mesmo xeito que a convocatoria pública para comedores, xa que "o que non podemos é ir perdendo dereitos".
Relacionadas:
-
Máis prazas nos comedores escolares para o próximo curso
Por Redacción |
-
Solucionada a situación dos nenos que quedaron sen axuda para os comedores escolares
Por Redacción |
-
Cidadáns propoñerá o arranxo do camino existente entre Ribeiro e O Freixo como ruta de sendeirismo
Por Redacción |
-
O curso escolar comeza con "total normalidade" en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Piden que escolares de secundaria poidan usar o comedor do colexio Campolongo
Por Redacción |