Morre atropelada por un camión tras saír dun coche accidentado na AP-9
Por Redacción
Un tráxico suceso volveu a tinguir de loito as estradas da provincia de Pontevedra. Unha muller de 43 anos de idade, M. B. J. L., veciña de Caldas de Reis faleceu tras ser atropelada por un camión na autoestrada AP-9. Ao parecer, saíra do seu coche despois de sufrir un accidente de tráfico.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre a unha e media da tarde no quilómetro 112 da autoestrada, no sentido cara a Vigo, á altura de Lantaño (Portas).
O coche no que viaxaba a vítima, afirman os servizos de emerxencias, saíu da estrada e chocou contra un quitamedos.
A muller, que puido saír polo seu propio pé do vehículo, foi arroiada por un camión que circulaba pola autoestrada e que non puido esquivala.
Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Vilagarcía de Arousa, axentes da Garda Civil de Tráfico, voluntarios de Protección Civil de Portas e os servizos sanitarios do 061.