Maica Larriba informou en Viascón que non houbo alegacións ao proxecto da N-541 por parte do Concello
Por Oskar Viéitez
A subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, mantivo un encontro coa asociación de veciños O Agro e a comunidade de montes, na que estaba a súa cabeza o presidente Ernesto Filgueira, para "explicarlles a realidade" do proxecto de melloras da N-541 ao seu paso por esta parroquia.
Nesta xuntanza, a subdelegada manifestou que non existe ningún documento en Fomento que reflicta unha paralización do proxecto polo que sinxelamente mantivo a súa tramitación con normalidade. "Na administración se non existe un papel as promesas non teñen ningunha validez e segundo informan de Estradas esa paralización non figura no expediente", recordou Larriba.
O proxecto é unha mellora da seguridade na estrada nacional N-541 e contempla diversas actuacións ao longo desta estrada, sendo a de Viascón a última que queda por realizar.
"Nin o concello de Cotobade nin ningunha administración presentou ningunha alegación", indicou Larriba
"Nin o concello de Cotobade nin ningunha administración presentou ningunha alegación", indicou Larriba. "Agora cunha obra feita que só resta a parte de Viascón e sen que ninguén presentara alegacións é moi complicado paralizala", recordou a subdelegada.
Pola súa banda, o presidente municipal de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, insiste na súa demanda que siga paralizada a obra na travesía da N-541 na parroquia e aprazou a súa sinatura nas actas da expropiación en Viascón para esixir a Fomento que dialogue cos veciños.
Vai rubricar o documento, porque é a súa obriga legal, pero vai estirar os prazos en sinal de protesta e para forzar unha negociación. Advirte de que, con independencia do futuro desta obra, o ministerio vai pintar liña continua e haberá que ir a Tenorio para dirixirse cara Ourense.
O Concello puxo un bufete de avogados a disposición dos propietarios afectados, que asinaron na súa totalidade as actas con disconformidade.
Relacionadas:
-
A veciñanza de Viascón pide á subdelegada do Goberno información sobre as obras da N-541
Por Redacción |
-
As comisións aproban por unanimidade a proposta de que se manteña parada a reforma da N-541 en Viascón
Por Redacción |
-
O PSOE critica o comportamento "totalmente inmaduro" de Cubela
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas acusan a Cubela de "faltar á verdade" no proxecto da N-541 ao seu paso por Viascón
Por Oskar Viéitez |
-
Cubela pide a Fomento consenso coa veciñanza antes de continuar co proxecto da N-541 en Viascón
Por Redacción |