Os populares critican que no Plan DepoRemse "o 75% dos proxectos de concellos do PP son excluídos"
Por Oskar Viéitez
O voceiro do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, Ángel Moldes, cualificou a aprobación de fondos do Plan DepoRemse de "adxudicación arbitraria, improvisada e caciquil" xa que, segundo explicou, un importe total de 6,5 millóns de euros irán para concellos gobernados polo PSOE e o BNG mentras que os rexidos por alcaldes do PP reciben tan só 2,6 millóns pese presentar máis proxectos.
O representante popular non entende como moitos concellos gobernados polo Partido Popular e que "pasaron o corte dos criterios técnicos obxectivos e ponderables" como datos sobre a poboación, territorio ou extensión da rede viaria foron apartados "dun xeito arbitrario" ao aplicárselles "o criterio subxectivo de maduración do proxecto".
Moldes fala de discriminación dos veciños que residen en municipios gobernados polo Partido Popular e asegura que "esta presidenta colleulle a matrícula a certos veciños da provincia e ten claro que os vai prexudicar polo que nos amosamos solidarios co que lles está sucedendo porque se lles castiga sistematicamente, polo que entendemos que algúns alcaldes acaben levando os seus recursos ata os tribunais porque danse casos, como o de Marín, onde a pesar de ser aceptadas polos técnicos as súas alegacións e incluso cun informe favorable a que ese proxecto se dotara de fondos do Plan DepoRemse, como no caso da xefa de Cooperación, ao final quedou fóra dun xeito arbitrario e caciquil".
Ángel Moldes sinala que o 75% dos concellos rexeitados no proceso de concesión das axudas do Plan DepoRemse están gobernados polo Partido Popular.
"Pasara xa con Plan de Proxectos Singulares onde PSOE e BNG levaron o 80% dos fondos e agora levan tres veces máis cartos que os gobernados polo PP", dixo o voceiro popular este xoves en rolda de prensa na sede provincial do seu partido.
Agora, segundo Moldes, máis do 60% dos recursos van só para os concellos socialistas. "Parecera que estiveramos asistindo a un plan premeditado desde a sede do PSOE e BNG, onde non se pensa nin nos concellos nin nos veciños, senón nas próximas eleccións municipais", concluíu o deputado popular.
Relacionadas:
-
Conclúe sen avinza o acto de conciliación entre a Deputación e Ángel Moldes
Por Oskar Viéitez |
-
A Lama leva aos tribunais a denegación "arbitraria" dunha subvención da Deputación
Por Redacción |
-
Pleno avinagrado na Deputación con críticas cruzadas pola adxudicación de fondos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ángel Moldes asegura que o 50% de proxectos do Plan Concellos presentados por alcaldes do PP están sen resposta
Por Redacción |
-
Carmela Silva, ao PP: "Non vou a consentir nin unha calumnia máis. Decidirán os xulgados"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A Deputación anuncia accións xudiciais contra Ángel Moldes
Por Redacción |
-
A Seca e A Seara beneficiaranse das axudas do plan DepoRemse
Por Redacción |
-
O Plan Deporemse reparte 11 millóns de euros entre 31 concellos "de todas as cores políticas"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |