Desmantelan unha pequena plantación de marihuana en Noalla
Por Redacción
Efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Sanxenxo investigan a un veciño deste municipio como suposto autor dun delito contra a saúde pública, na modalidade de cultivo e elaboración de drogas.
Segundo informaron fontes oficiais do instituto armado, o investigado é un veciño da parroquia de Noalla, con antecedentes policiais relacionados coa tenencia e consumo de estupefacientes na vía pública.
Por mor das investigacións realizadas por efectivos do posto da Garda Civil de Sanxenxo, os axentes descubriron unha plantación de cannabis sativa nunha leira contigua a unha vivenda situada na parroquia de Noalla.
Ao inspeccionar a leira, os compoñentes do equipo de investigación localizaron unha pequena plantación de marihuana, con nove plantas en fase de crecemento, de moita frondosidade, superior á doutros cultivos similares e dunha altura considerable.
Con esta actuación evitouse que as doses que se puidesen obter da marihuana intervida destináronse ao tráfico de drogas polo miúdo.
As dilixencias instruídas polos efectivos da Garda Civil, xunto coas plantas intervidas, foron postas a disposición do xulgado de instrución número 1 de Cambados, onde deberá comparecer o investigado cando sexa requirido.