Comezan as obras na contorna do IES Torrente Ballester
Por Redacción
Este xoves comezará a obra de mellora da mobilidade e seguranza peonil na contorna do IES Torrente Ballester. A actuación arranca na rúa Herminia Fariña e terá continuidade nas rúas Pintor Virxilio Blanco, Pintor Manuel Colmeiro, Bibiano Fernández-Osorio Tafall e Pintor Urbano Lugrís.
A actuación prevista -lembra o concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez- cumprirá os estándares de calidade urbana. Ampliaranse as beirarrúas, que no caso de Herminia Fariña obrigarán a deixar un único carril de circulación (de saída) o primeiro tramo, o que vai dende a avenida de Vigo á rúa Pintor Manuel Colmeiro; mentres que no segundo tramo, até a rúa Pintor Virxilio Blanco quedará de dobre circulación, de distribución de tráficos no barrio.
Á hora de redactar o proxecto de mellora de mobilidade na contorna do IES Torrente Ballester houbo que ter en conta dous condicionantes: por unha banda, o intenso tráfico peonil da zona, especialmente na rúa Herminia Fariña pola que cada día, de luns a venres, soben e baixan 580 alumnos do IES Torrente Ballester e por outra banda, o tráfico de saída (e de conxestión) desta rúa.
Os cruzamentos da rúa serán elevados, a un único nivel, a modo dunha pseudo-praza, o que dará aire a zona. O obxectivo é que sexan os vehículos os que teñan que salvar o desnivel existente en vez dos peóns. En resume sacarase do barrio e o tráfico de paso e restrinxirase a circulación ao tráfico de necesidade.
O proxecto saíu a licitación por 241.349,90 euros e as obras terán un prazo de execución de catro meses.