Marín agarda xuntar máis de 500 palilleiras no IES Illa de Tambo
Por Redacción
O pavillón do instituto Illa de Tambo acollerá este domingo 30 de setembro a duodécima edición da xuntanza de "laboreras".
Este evento, organizado pola Asociación Bolymar, agarda xuntar a preto de 500 palilleiras chegadas de toda Galicia.
O público poderá admirar durante todo o día os traballos de palillado destas artesás e adquirir todo o material necesario para facer encaixe de palillos. Tamén se poderán comprar artigos feitos polas participantes,
A entrada o pavillón do instituto Illa de Tambo será gratuíta.