A Seca e A Seara beneficiaranse das axudas do plan DepoRemse
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra financia un proxecto a Poio no marco do plan DepoRemse. Trátase de para remodelar as rúas municipais na Seca e na Seara a fin de facilitar a comunicación entre estes espazos que teñen un uso social e educativo e soportan unha alta densidade de tráfico.
A administración provincial fai unha achega de 500.000 euros para un orzamento total de 580.000.
Trátase dunha zona de alto valor patrimonial que se pretende poner en valor como se fixo no seu día en Tarrío, na parroquia de Samieira.
Valorouse a calidade do proxecto, redactado pola oficina técnica municipal, cumplindo os criterios de movilidade marcados pola Deputación.
OBRAS DO CONCELLO
Por otra banda, o Concello de Poio está a realizar melloras, limpeza e pavimentación en Caneliñas, o asfaltado da praza de Vilariño e a continuación das obras en camiño de Roque, na Armada.
Relacionadas:
-
A Deputación e os concellos beneficiarios asinan os convenios do Plan Deporemse
Por Oskar Viéitez |
-
Os populares critican que no Plan DepoRemse "o 75% dos proxectos de concellos do PP son excluídos"
Por Oskar Viéitez |
-
O Plan Deporemse reparte 11 millóns de euros entre 31 concellos "de todas as cores políticas"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |