O Porto de Marín presenta o seu plan de empresa ante Portos do Estado
Por Redacción
O Porto de Marín mantivo este mércores unha reunión coa nova presidencia de Portos do Estado para presentar o seu Plan de Empresa 2019. Trátase do primeiro encontro entre Jose Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, e a nova presidenta de Portos do Estado, Ornella Chacón.
Na reunión, a dirección do Porto de Marín expuxo ante o novo equipo directivo de Portos do Estado as súas propostas de investimento e orzamentos, así como outros aspectos relacionados coa actividade comercial do porto e outros proxectos.
Os plans de empresa segundo recolle a lexislación portuaria configuran, xunto co Plan Estratéxico e o Plan Director, un dos instrumentos de planificación das Autoridades Portuarias.
Elabóranse de forma anual e inclúen un diagnóstico da situación actual, así como as previsións de tráfico portuario, as económico-financeiras, os obxectivos de xestión, os indicadores de sustentabilidade ambiental do porto, a programación de investimentos, obxectivos de rendibilidade, etc.