A piscina e o ximnasio municipais de Sanxenxo gañan en accesibilidade
Por Redacción
A piscina e ximnasio municipais gañaron en accesibilidade tras as actuacións realizadas nas dúas últimas semanas. As instalacións permaneceron pechadas durante 15 días para acometer labores de mantemento, desinfección e limpeza e habilitouse un baño adaptado.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, está a executarse un baño adaptado no hall principal do edificio para o que tamén haberá un acceso desde o corredor dos vestiarios.
Este aseo créase co obxectivo de eliminar as aquelas barreiras arquitectónicas para facilitar o acceso ás instalacións municipais de persoas con mobilidade reducida.
Instalouse a fontanería necesaria para auga fría e quente na ducha e o lavabo. Os aparellos sanitarios estarán conectados á rede de saneamento existente e farase a instalación eléctrica necesaria.
O Concello destacou a necesidade de levar a cabo estas tarefas de mantemento co fin de manter no mellor estado posible estas instalacións.