Marín recibe 40.000 euros para arranxar o vieiro de praias a San Blas
Por Redacción
A Deputación concederá ao Concello de Marín unha axuda de 41.726,08 euros ao abeiro do Plan Concellos.
Esta achega foi aprobada este luns mediante resolución presidencial. Os cartos irán destinados ao acondicionamento do vieiro de praias a San Blas, na PO-551.
O goberno de Carmela Silva, ao través do Plan Concellos, xa aprobou axudas de ata 732.421,04 euros na liña 1, destinadas entre outras á mellora e renovación do alumeado público exterior A Brea-Ameal, ás instalacións de recreo infantís no Parque Eguren, para o sistema de retención e desbaste automático de sólidos no bombeo e augas residuais en Loira I e para a pavimentación dos acceso á barriada de San Pedro.
Outros 106.004,16 euros destináronse á financiación da contratación de traballadores, dentro da liña 3 de emprego.
Ata este momento, a Deputación xa aprobou 838.425 euros dun total de 1.771.748,31 destinados este ano ao concello de Marín no Plan Concellos.