A Garda Civil despregará 18 patrullas para garantir a seguridade da Festa do Marisco
Por Redacción
A Garda Civil de Pontevedra despregará un total de 18 patrullas durante a Festa do Marisco do Grove, que celebrará a súa 55 edición entre o 4 e o 14 de outubro, para garantir a seguridade durante o evento.
A cifra deuna a coñecer a Subdelegación do Goberno en Pontevedra con motivo da celebración da xunta local de seguridade do Grove, que presidiron a subdelegada, Maica Larriba, e o alcalde, José Antonio Cacabelos, e contou coa participación de mandos da Garda Civil, a Policía Local, a Policía Autonómica e os grupo de emerxencias.
A subdelegada subliñou que a Festa do Marisco foi evento seguro nas súas 54 edicións anteriores, como demostran as estatísticas, e sinalou que esta vai ser tamén "moi segura". Para garantir unha celebración exitosa e segura para todos aqueles que se acerquen a vila meca neses días, a implicación dos corpos e forzas de seguridade "vai ser total".
Ademais destas 18 patrullas da Garda Civil que presten servizos durante a celebración, haberá efectivos da agrupación de Tráfico e patrullas da Policía Autonómica que colaborarán no control da venda de alcohol a menores. A subdelegada indicou que este número de efectivos poderá aumentar en caso de necesidade se así o aconsellan os acontecementos.
O operativo vaise concentrar nos días de maior afluencia de público, que coincide coas fins de semana, e vaise ter un especial control nas datas en que se celebran os concertos musicais nocturnos que congregan a un maior número de xente nova, cunha especial incidencia na venda de alcohol a menores e de tráfico de substancias nocivas.
O Concello tamén vai estudar a instalación dun "punto morado" para informar e visibilizar o acoso e a violencia de xénero coa colaboración da Subdelegación do Goberno. Respecto disto, Cacabelos sinalou que "aínda que as cifras deste tipo de delitos están en niveis similares a outras poboacións das mesmas características, a visibilización sempre é moi importante".
A subdelegada transmitiu un mensaxe de seguridade a todas aquelas persoas que queiran acercarse ao Grove nestes días de festa, "xa que se trata dunha xornadas para o goce de todo o mundo, nun marco incomparable e cos mellores produtos do noso mar".
Relacionadas:
-
O Grove, listo para servir o mellor marisco do mundo
Por Redacción |
-
Vivir Galicia a través da súa gastronomía: unha experiencia para todo o ano
Por Redacción |
-
A Festa do Marisco do Grove realizará unha presentación nacional en Sevilla
Por Redacción |
-
Morgan, Sés, Freedonia, The Charlatans, Muchachito ou Eagle Eye Cherry actuarán na Festa do Marisco
Por Redacción |
-
As Rías Baixas van promocionarse fóra de Galicia a través das súas festas máis relevantes
Por María López Verdial & Mónica Patxot |