Os gardacostas requisan 706 nasas na ría de Arousa
Por Redacción
Axentes do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron na ría de Arousa un total de 706 nasas, unha embarcación e 200 metros de aparellos de enmalle e comisaron 173 quilos de especies.
O operativo máis destacado resultou co comiso de 469 nasas, 68 quilos de polbo, 20 de congro e dous de nécora.
Na ría de Pontevedra, os inspectores da Xunta tamén realizaron varios controis contra a actividade ilegal. Neles aprehendéronse de 104 quilos de diversas especies e de 298 nasas.
A operación máis destacada resultou coa aprehesión de 96 nasas sen identificar e os case 29 quilos de polbo e máis de dous de nécora que contiñan.