O Concello de Poio lembra a necesidade dunha reforma no colexio de Viñas
Por Oskar Viéitez
A concelleira de educación do Concello de Poio, Marga Caldas, fixo un chamamento á Xunta "para que non esqueza resolver as necesidades do colexio de Viñas", que precisa dunha reforma integral. É un compromiso adquirido pola administración autonómica con este concello no ano 2016.
O goberno local informará á Consellería de Educación da inversión acometida polo Concello de Poio que ascende a 100.000 euros en todo este exercicio.
Segundo Marga Caldas, o Concello fíxose cargo de importantes obras de mellora e mantemento nos centros educativos do municipio como o adecentamento das zonas verdes e patios, pintado de aulas, carpintería, fontanería, electricidade con reposición de luminarias led para aforro enerxético ou o acondicionamento nos accesos e mellora das pistas polideportivas dos colexios de Lourido, Isidora Riestra e Espedregada.
Ademáis, citou a posta en marcha do comedor escolar no CEIP Isidora Riestra, que amplía a oferta con este novo servizo, como os que xa prestan os centros de Lourido e Chancelas. Así préstase apoio ás familias que necesitan conciliar a súa vida laboral ou familiar.
A concelleira de educación sinalou que "é unha importante inversión para que os colexios gozen dunhas infraestructuras de calidade". Dende este departamento municipal xa comezaron a valorar as obras a realizar no próximo ano para ir dotando de mellor servizo o tecido escolar de Poio.
"Asemade seguiremos invertindo durante o novo curso na coordinación do programa educativo 'Educandonos' dirixido aos colexios así como o financiamento de saídas e diferentes necesidades escolares que se plantexan nos diferentes centros incluíndo o IES de Poio actúando coas concellerías de Igualdade, Cultura, Deportes e Protección Cidadá", dixo Marga Caldas.