Unha andaina inaugura a Ruta "Val do Río Xesta" en A Lama
Por Redacción
Un grupo de sesenta e sete persoas, conformado por veciños da parroquia de Xesta e amigos de Ponte Caldelas, Pontevedra e Vigo, inauguraron oficialmente a Ruta "Val do Río de Xesta" que discurre íntegramente polos montes de esta parroquia do Concello de A Lama.
A Asociación de Veciños de San Bartolomé de Xesta organizou esta andaina con saída dende a aldea de Liñares, preto da fervenza, con un percorrido de cinco kilómetros ata o Casino de Xesta, todo pola marxe do río que dá nome a esta parroquia.
"Estamos moi orgullosos da participación. Estuvo xente nova, pero tamén dúas persoas de 81 anos que a percorreron sen ningún tipo de dificultade", explicó Enrique Vaqueiro, presidente da Asociación.
Nunha merenda o remate da camiñada Vaqueiro agradeceu á Deputación de Pontevedra polo material disposto, á comunidade de montes pola achega económica, ao Concello da Lama polo arranxo do acceso a fervenza e a estudio Buo Arquitectura de Vigo pola maquetación.
"Con respecto á polémica co alcalde polas señales, penso que a ruta que él plantexa pode convivir coa nosa sen problema. O importante e traballar todos xuntos polo pobo", rematou Vaqueiro.