Sanxenxo reduce o IBI ao mínimo legal
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo levará o vindeiro mércores á Comisión de Facenda unha proposta para reducir o IBI ao mínimo legal.
Desta forma o Imposto de Bens Inmobles urbano reducirase un 10%, do 0,44% ao 0,40%. A proposta do goberno tamén inclúe a redución do IBI rústico nun 20%, do 0,48% ao 0,40%.
O Ministerio de Facenda establece que os concellos poden fixar a súa porcentaxe de IBI entre un mínimo do 0,40% e un máximo do 1,1%.
A redución que propón o goberno converterá a Sanxenxo no concello da contorna co IBI urbano máis baixo, xa que Poio actualmente tributa ao 0,47%, O Grove ao 0,58% e Pontevedra do 0,64%.