A Garda Civil auxilia a unha muller tras romper augas na peaxe da AP-9 en Vilaboa
Por Redacción
Unha condutora que circulaba na madrugada do sábado pola autoestrada AP-9 terminou escoltada pola Garda Civil ata o hospital.
A muller, embarazada, rompeu augas en plena ruta cara á súa casa e parou na peaxe da autoestrada de Vilaboa para pedir auxilio.
Alí atopábanse efectivos da Unidade Especial de Seguridade Cidadá (USECIC) da Garda Civil, que enseguida lle prestaron apoio.
Un dos axentes púxose ao mando do seu vehículo, mentres que os seus compañeiros abríronlle paso ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde tras ser avisados esperaban xa os profesionais sanitarios.
Horas despois a muller deu a luz no centro hospitalario. Un final feliz para unha historia que nunca esquecerá.