Denuncian a morte dun bebé tras ser atendido no Hospital Provincial
Por Redacción
Segundo publica o Diario de Pontevedra, os pais dun neno de once meses denunciaron no xulgado a morte do seu fillo tras ser atendido en Pediatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra.
O bebé ingresara durante a tarde do domingo no Hospital Provincial debido á presenza de febre elevada. Permaneceu en observación no centro durante hora e media. Bañárono para intentar baixalo a temperatura e despois foi dado de alta tras serlle diagnosticado un cadro vírico. Pasada a media noite, os pais volveron ao centro e o neno ingresou na sala de reanimación. Xa era tarde e os facultativos non conseguiron salvar a súa vida. O martes era enterrado na parroquia de Salcedo.
Os pais presentaron unha denuncia no Xulgado de Garda por un delito de homicidio por imprudencia. O caso está en mans do gabinete de avogados Paladino e Hernández que solicitaron no xulgado un informe que certifique as causas da morte.
Segundo os pais do menor, existe un erro humano involuntario que causou a morte.
Relacionadas:
-
O pai do bebé falecido no Provincial comparece por primeira vez no xulgado
Por Redacción |
-
O bebé falecido no Hospital Provincial sufriu un shock séptico
Por Redacción |
-
Patricio Fernández, pai do bebé falecido no Hospital: "Llevar un hijo con fiebre a Urgencias del Hospital es jugar a la ruleta rusa"
Por Anxo Lourido |