Marín prepárase para celebrar o San Miguel
Por Oskar Viéitez
O sábado 29 de setembro celébrase en Marín a festividade de San Miguel. Como todos os anos, a celebración faise ao redor da Danza de Espadas, unha festa declarada de interese turístico de Galicia e que para a súa protección, investigación e difusión conta co Padroado de Mareantes de San Miguel que na actualidade é o órgano que a rexe e trata de transmitir as novas xeracións a necesidade do mantemento desta tradicional herdanza.
Por este motivo o Concello colocou, como o ano pasado, 75 lonas con momentos destacados desta festa, por todo o percorrido da procesión, e tres cubos nos que conta a historia desta tradición. Estes cubos están situados no Parque Eguren. Estes días tamén se vai a adornar tanto a farola da praza de España como as da Avenida de Ourense e o Palco da Alameda.
Ese mesmo día tamén se celebra a XXVIII festa de San Migheleiro. O que no seu principio era unha festa para xente nova, cos anos foi evolucionando e agora podemos atopar familias enteiras ataviadas coas tradicionais camisetas de raias. O Concello colabora coa cartelería, animación musical durante todo o día con charangas e concertos, ademais de encargarse da limpeza que se realiza polas miles de persoas que enchen as rúas durante toda a xornada.
O Concello convocou a todos os locais de hostalaría que participan na ruta a unha reunión para este luns ás 12 da mañá, para tratar de coordinar que ambas celebracións se poidan desfrutar coa máxima normalidade e logrando así o éxito das dúas festas.
E se non era suficiente, o deporte tamén quere o seu oco, así que celebrarase a XXI milla urbana, organizada polo clube San Miguel para tratar de combinar o tempo de lecer co deporte.
Relacionadas:
-
O San Miguel de Marín, entre a tradición e a festa popular
Por Diego Torrado |
-
San Miguel, un día para botar a correr en Marín
Por Redacción |
-
Os hostaleiros fan as súas propostas para San Migheleiro
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Por San Miguel, aínda que chova, chega a Danza das Espadas a Marín
Por Diego Torrado |