A Policía recupera parte da iluminación roubada da ponte da Barca
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Local de Poio e da Policía Nacional de Pontevedra, de forma coordinada recuperaron en Pontevedra algunhas das luminarias led da ponte da Barca, subtraídas o pasado día 9 de setembro.
Unha vez máis, a colaboración cidadá resultou clave na resolución deste acto vandálico. A Policía Local de Poio recibiu unha información do lugar onde supostamente estaban escondidas parte das luces led subtraídas.
Por este motivo e ao ter constancia de que a denuncia se presentara na Policía Nacional de Pontevedra e as luminarias podíanse atopar nun domicilio da cidade do Lérez, axentes de ambos os corpos de seguridade de forma coordinada trasladáronse ao lugar para comprobar a veracidade da información recibida.
Unha vez no lugar os axentes recuperaron dous das oito loces led subtraídas, identificando ao presunto autor da subtracción un home veciño de Pontevedra, de 42 anos de idade.
A investigación continúa aberta e os axentes de Policía Nacional tratarán de localizar as restantes luminarias.