Marín saca a rúa unha campaña de educación en valores debuxada por Kiko da Silva
Por Redacción
Cando o contrato da explotación das marquesiñas e soportes publicitarios instalados na rúa rematou, o Concello coa colaboración da Fundación Juan XXIII, decidiu quedar coa explotación e transformar un espazo pensado para ser utilizado cun obxectivo estrictamente comercial nun lugar cun fin social.
Para iso contouse co ilustrador Kiko da Silva, que é un experto en ensinar a través do humor que hai outra forma de facer as cousas.
Segundo o propio Kiko da Silva, foi un reto conseguir ademais de transmitir unha mensaxe social, mostrar lugares de Marín coma o edificio do Concello, a rotonda das Anclas ou o Miradoiro da Barriada de Mogor.
Así Kiko fixo "Crónicas Marinenses" en tres viñetas sobre a concienciación cívica respeto aos aparcadoiros das persoas con mobilidade reducida, ou a dificultade para atopar empleo que teñen as persoas con discapacidade.
A intención é ir ampliando máis temas con novas viñetas e lograr así facer un recompilatorio en forma de cómic ou exposición itinerante.