O Sergas renovará a área de neonatoloxía do Hospital Provincial
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde (Sergas), realizará proximamente un investimento de 375.000 euros na renovación de equipamento e instalacións da área de Neonatoloxía do Hospital Provincial de Pontevedra.
A reforma, que previsiblemente se acometerá entre os vindeiros meses de outubro e novembro, contempla a ampliación do espazo de traballo dos profesionais da unidade neonatal, así como para a colocación do novo equipamento preciso para prestar atención sanitaria aos recentemente nados.
Con esta actuación, a Xerencia da área sanitaria pretende conseguir unha mellora das condiciones de bioseguridade ambiental, mediante a implementación de circuítos e barreiras, así como pola dotación de pías para lavar as mans e dun sistema de climatización da unidade de maneira que esta estea zonificada e sexa regulable en temperatura, permitindo así suficientes renovacións de ar e cun nivel de filtración óptima do mesmo.
Adicionalmente, as obras implicarán unha maior seguridade eléctrica, unha reestruturación do posto de control de enfermaría que facilite a visión directa do maior número de pacientes, favorecendo así os coidados asistenciais, ademais da humanización da unidade.
Relacionadas:
-
Renovan a área de atención ao paciente do Hospital Provincial
Por Redacción |
-
Implantan na Casa do Mar de Mollabao un sistema informático para evitar agresións
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian a aparición dunha rata nas escaleiras do Hospital Provincial e esixen solucións inmediatas
Por Redacción |