Alejandro Regueiro lidera a candidatura alternativa para presidir o Liceo Casino
Por Redacción
Alejandro Regueiro Domínguez presentou oficialmente a súa candidatura ás eleccións á presidencia do Liceo Casino de Pontevedra que se celebrarán o próximo 28 de setembro.
A directiva que lidera Regueiro está formada por Mercedes Arbolí Cervera-Mercadillo, como tesoureira; Andrés Domínguez Artime, María Prieto Cervera-Mercadillo, Daniel Tomás López, María Victoria Lage Zapatero, Sergio Lage Cuiñas e Pilar Piñón Esteban.
Esta candidatura preséntase como alternativa e está formada por netos, fillos e pais de socios, usuarios habituais das instalacións, que se atopan en contacto con gran parte da masa social desta entidade. Regueiro proxecta, en caso de gañar as eleccións, crear comisións de expertos en diferentes campos para tomar as mellores decisións.
A súa proposta busca dinamizar a sociedade para integrar a todas as xeracións, mellorar a comunicación, atendendo as demandas dos socios e alcanzar acordos de colaboración con outras entidades da comarca que permitan unha mellora das ofertas sociais, culturais e solidarias do Liceo Casino.
A presentación do proxecto levará a cabo o luns 17, ás 20.00 horas no salón do Liceo Casino, na rúa Manuel Quiroga. Neste acto, a candidatura de Alejandro Regueiro ofrecerá datos da súa proposta de xestión para a sociedade durante o próximos catro anos.
Relacionadas:
-
Os socios do Liceo Casino serán convocados a unhas novas eleccións
Por Oskar Viéitez |
-
As eleccións do Casino terminan nun inesperado empate entre Olmedo e Regueiro
Por Ramiro Espiño |
-
Regueiro anima aos socios do Casino a ir votar a través dun vídeo
Por Redacción |
-
As eleccións no Casino anímanse. Olmedo pasa ao ataque: "non somos 'falabaratos'. Somos serios"
Por Ramiro Espiño |
-
Jaime Olmedo apela aos seus oito anos de xestión para a súa reelección como presidente do Liceo Casino
Por Redacción |
-
Oito días para presentar candidaturas á presidencia do Liceo Casino de Pontevedra
Por Redacción |
-
Cincuenta anos de fidelidade ao Liceo Casino
Por Redacción & Paula Sanmartín |
-
O Baile de Gala da Peregrina ponse de longo con 19 'debutantes' e milleiros de asistentes
Por Redacción |