Denuncian a aparición de terra e maleza no lavadoiro de Redón, en Mogor
Por Redacción
O Concello de Marín denunciou o que entenden como novos "actos vandálicos" no lavadoiro de Redón, na parroquia de Mogor.
É a segunda vez no que vai de ano que se rexistran estes actos.
En concreto protestan pola aparición de restos de maleza no vaso do lavadoiro.
Segundo o goberno local, nestes actos existe unha "intencionalidade clara" que bota por terra o traballo para manter estas instalacións en boas condicións.