Arde unha hectárea de monte xunto á autoestrada en Figueirido
Por Redacción
Un incendio forestal iniciado moi preto da autoestrada AP-9 en Figueirido afectou a unha hectárea de superficie.
Segundo informou a Xunta o lume foi extinguido ás 18.10 horas deste martes.
Axentes da Garda Civil de Tráfico interromperon o tráfico no carril máis próximo ao incendio, aquel que se dirixe en sentido Vigo.
Entre outros efectivos traballaron na extinción do lume un helicóptero e os bombeiros do Morrazo.