Dan unha malleira a un ex directivo do Pontevedra
Por Redacción
Segundo publica La Voz de Galicia, a Policía Nacional investiga a agresión que sufriu o luns un ex directivo do Pontevedra CF e coñecido empresario da cidade. A agresión produciuse cando o ex directivo granate se dirixía á súa vivenda situada na parroquia de Lérez. Segundo a denuncia presentada, un home achegóuselle e comezou a golpealo ata deixalo tombado sobre a beirarrúa. O motivo da malleira non era o roubo porque o atacante non se levou ningunha pertenza do empresario.
A vítima foi trasladada a un centro hospitalario da cidade e debido ás lesións non presentou denuncia en Comisaría ata pasadas 24 horas da agresión.
A Policía Nacional está a investigar o caso e manexa diferentes hipóteses sobre as causas da agresión.