A Zona Monumental celebra unha festa pola Volta ao Cole
Por Redacción
O Centro Comercial Urbano Zona Monumental celebrará a Gran Festa Volta ao Cole. Será este venres día 14 de setembro de 16.30 a 20.30 horas.
A rúa Serra, diante do Mercado de Abastos, acollerá unha pista americana multiaventura. Na praza de Curros Enríquez, pola súa banda, instalaranse un taller de grafiti e o inchable Rocódromo de 8 metros de altura.
Na praza de Valentín García Escudero estará o taller de repostería creativa que requirirá de reserva de praza para participar. A actividade empeza ás 17 horas, pero desde media hora antes os interesados en participar poderán achegarse para coller ticket e reservar praza por orde de chegada. Faranse dous pases duns 45 minutos.
Na praza de Méndez Núñez situarase a ludoteca creativa con mesa luz e de espello, taller pinta caras e xogos; e na praza da Verdura, ás 17.30 horas, empezarán os "Clesa - Contos".
Non faltará á cita na praza da Pedreira, fronte ao Pazo de Mugartegui, a festa da escuma a partir das 18.30 horas e con animación musical.
Finalmente, na Verdura, a partir das 20.30 horas será a actividade "Baila na Zona Monumental", con Adrián Esperón.
Tamén colaborarán o Club Waterpolo Pontevedra e o Club Baloncesto Estudantes.
Relacionadas:
-
A volta ao cole invita a saltar e a divertirse na Zona Monumental
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A FANPA solicita que se unifiquen os días de libre disposición entre todos os colexios
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Case 8.000 nenos e nenas de Pontevedra regresan ás aulas esta semana
Por Redacción |
-
Setembro faise costa arriba para as familias polo gasto escolar
Por Oskar Viéitez |