Ferrovial encargarase tamén da limpeza dalgunhas dependencias municipais
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra deu conta este luns da adxudicación á empresa Ferrovial do contrato de limpeza de determinadas dependencias municipais.
En concreto "por ser a oferta máis vantaxosa" adxudicáronse a Ferrovial Servizos dous lotes, un deles para as instalacións da Policía Local e San Mauro por un importe de 43.282 euros e o segundo lote que inclúe a Casa da Luz, o Centro Sur e o Multiusos da Xunqueira, por 46.552 euros.
Estas adxudicacións son por un período máximo de 8 meses, segundo explicou o portavoz do goberno local, Raimundo González, xa que "faise unha especie de contrato ponte" para "sacalos despois conxuntamente todos" así como vaian vencendo os diferentes contratos.
Distintas empresas estaban a dar este servizo que a partir de agora será adxudicado a Ferrovial que ademais seguirá prestando durante polo menos tres anos máis o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria para o Concello de Pontevedra.
O pasado mes de xuño o goberno local aprobou a prórroga da concesión do contrato actual.
Relacionadas:
-
Novas armas para os traballadores da limpeza
Por Diego Espiño |
-
Unha mesma empresa limpará todas as dependencias municipais, agás os colexios
Por Alejandro Espiño |
-
Renovarán todas as illas de reciclaxe da cidade e triplicarán as do rural
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra prorroga tres anos o contrato de recollida de lixo
Por Alejandro Espiño |