Dous novos tremores elevan a dez os episodios sísmicos no Salnés
Por Redacción
Xa son dez os terremotos que se rexistraron desde o pasado venres na comarca do Salnés. Dous novos tremores, rexistrados esta pasada madrugada no Grove e Sanxenxo, volveron a sacudir a provincia de Pontevedra.
Segundo recolle o Instituto Xeográfico Nacional, ningún dos dous foi especialmente sentido polos cidadáns de ambos os municipios, ao ter unha intensidade por baixo dos tres graos na escala Ritcher.
En concreto, a terra tremeu no Grove ás 00.17 horas. O seu epicentro situouse no mar, a doce quilómetros de profundidade e á altura de Porto Meloxo. Tivo unha intensidade de 2.6 graos.
Dúas horas despois, ás 02.10 horas, unha réplica de menor intensidade rexistrouse en Sanxenxo. Alcanzou unha intensidade de 2.2 graos e o seu epicentro estivo a 22 quilómetros de profundidade.
Relacionadas:
-
Cinco terremotos fan tremer Vilaboa nunha marxe de catro horas
Por Alejandro Espiño |
-
Dous movementos sísmicos rexístranse con epicentro en Ponte Caldelas en menos de 24 horas
Por Anxo Lourido |
-
O Grove, sacudido por un terremoto de 2.8 graos
Por Alejandro Espiño |
-
Marín rexistra un pequeno terremoto de magnitude 2,6
Por Oskar Viéitez |
-
Catro novos terremotos, o maior de magnitude 3.2, sacuden Ponte Caldelas
Por Alejandro Espiño |