Delegados da CIG maniféstanse ante AEMPE contra o pacto social
Por Anxo Lourido
Un grupo de arredor de 80 delegados do sindicato CIG manifestouse dende a praza da Ferrería ata a sede de AEMPE na Avenida de Vigo. Desta forma, simbolizaron ante a Asociación dos medianos e pequenos empresarios de Pontevedra o malestar polo pacto social polo emprego que se desenvolve en Madrid entre Comisións Obreiras e UGT, representantes da patronal e representantes do Goberno.
Rafael Iglesias indicaba aos delegados que, anteriormente, mantiveran unha asemblea na sede de Pasantería o prexuízo que adoitan causar os pactos sociais aos trabjadores. O secretario comarcal da CIG engadiu: "Somos máis pobres porque a política de austeridade aumenta o paro con máis de 300.000 homes e mulleres a nivel galego. Ou tira o sector público da economía ou o privado se ve que non quere tira".
Iglesias indicou que é necesario outro tipo de política: "A xente ten que vivir e o prioritario é o paro. E temos que poñer a economía e os factores importantes niso e para iso hai que cambiar a política económica. Vaino facer o goberno do PP? Cremos que non".
Tamén tivo palabras críticas cos dous sindicatos que se encontran en conversacións co Goberno: "Queremos ver que recetas dan Comisións e UGT porque sinceramente ou se cambia a política económica e se incentiva a creación de emprego e non se da tanto recorte ou non vemos saídas posibles".
O único incidente produciuse cando un vehículo pasou entre os manifestantes que responderon con apupos.