O PP esixe retomar as negociacións coa Xunta polo transporte metropolitano
Por Redacción
Retomar as conversacións coa Xunta de Galicia para a implantación do transporte metropolitano. É o que solicitará o Partido Popular nunha moción que debaterá no pleno da corporación do próximo martes.
O portavoz popular, Rafa Domínguez, lamenta que á última reunión co goberno galego o único concello que non acudiu foi Pontevedra e fíxoo, segundo denunciou, por "motivos políticos".
Para os pontevedreses, engade Domínguez, a integración no transporte metropolitano é "moi importante", ao poder gozar de descontos en autobús de ata o 70%, de trasbordos gratuítos, de gratuidade para os menores de 19 anos ou de bonificacións para usuarios recorrentes e membros de familias numerosas.
"O plan de transporte metropolitano ten moitísimas vantaxes para Pontevedra, representa unha oportunidade para dispoñer de algo do que carecemos no momento actual, un transporte público de calidade", sinalou o portavoz do PP.
Domínguez lamenta que o goberno local non fixese "absolutamente nada" polo transporte público e entende que é "inconcibible" que unha cidade que aposta por reducir o número de coches non ofreza un servizo de transporte público.
"Queremos un proxecto de cidade no que haxa rúas peonalizadas pero tamén no que haxa un transporte público en condicións", explicou Domínguez, para ofrecer unha alternativa para "aqueles que queren deixar o coche en casa ou que non se poden desprazar doutro xeito".
Relacionadas:
-
Lores chamará por teléfono a Núñez Feijóo para falar do transporte público
Por Alejandro Espiño |
-
Lores suspende dúas veces a sesión plenaria polas interrupcións das protestas da Policía Local
Por Anxo Lourido |
-
Rafa Domínguez asegura que o "boicot" de Pontevedra ao Plan de Transporte débese a "intereses políticos"
Por Diego Espiño |
-
Ethel Vázquez advirte que sen Pontevedra o plan de transporte metropolitano "non ten sentido"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello plantará á Xunta nunha reunión sobre o plan de transporte pola súa "improvisación"
Por Natalia Puga |