O Grove, sacudido por un terremoto de 2.8 graos
Por Alejandro Espiño
A deste venres foi unha tarde-noite movida no Salnés. E nunca mellor dito. Ata oito pequenos terremotos rexistráronse na comarca. De todos eles, só un fíxose notar polos veciños. Foi un dos tres que se rexistraron no Grove.
Segundo recolle o Instituto Xeográfico Nacional, o tremor produciuse ás 22.04 horas e tivo o seu epicentro en plena ría de Arousa, fronte ás costas de San Vicente, a once quilómetros de profundidade. Alcanzou unha intensidade de 2.8 graos na escala de Ritcher.
Este era o segundo movemento sísmico que tiña lugar no Grove nas últimas horas. O primeiro foi ás 19.09 horas. De 2.5 graos, o seu epicentro situouse nas inmediacións da illa da Toxa. Un terceiro foi ás 01.07 horas, tamén de 2.5 graos e con epicentro no medio da península meca.
Esta sucesión de terremotos na comarca do Salnés comezou ás 17.52 cun sismo de 2.6 graos en As Covas (Meaño).
Ás 20.27 a terra volveu tremer, aínda que sen notarse na superficie, cun movemento de 1.9 graos en Aios (Sanxenxo). Unha nova réplica, de apenas 1.5 graos, tivo o seu epicentro moi preto, tamén en Sanxenxo, ás 01.46 horas.
As Covas rexistrou un segundo tremor ás 20.30 horas, que non alcanzou a magnitude dos anteriores e quedou en 2.1 graos. Nesta zona de Meaño tivo lugar, ata o de agora, a última das réplicas deste episodio, de 2.5 graos ás 2.17 da madrugada.
Relacionadas:
-
Cuntis, epicentro dun terremoto de dous grados na escala Ritcher
Por Redacción |
-
Dous novos tremores elevan a dez os episodios sísmicos no Salnés
Por Redacción |
-
Marín rexistra un pequeno terremoto de magnitude 2,6
Por Oskar Viéitez |
-
Catro novos terremotos, o maior de magnitude 3.2, sacuden Ponte Caldelas
Por Alejandro Espiño |
-
Un "enxame sísmico" fai tremer a comarca de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |