Rescatan un golfiño atrapado pola baixamar en Lourizán
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Uns particulares rescataron un golfiño que se quedou atrapado pola baixamar.
O animal atopábase este venres sobre as 11.15 horas na zona da autovía en Lourizán fronte á fábrica de ENCE cando se viu sorprendido nunha área de escaso calado da que era incapaz de saír.
Segundo informaron os membros de Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) tratábase dunha femia de arroaz (Tursiops truncatus).
O animal presentaba unhas marcas extrañas diante dos pectorais e circundándolle o tórax son dunha antiga captura accidental.
A primeira alerta a deron unhas mariscadoras "atenderon á arroaz dende o primeiro momento". Xa cos membros da ONG ambiental gallega conseguiron levala ata augas profundas e que collera en dirección á ría, xunto cos bombeiros de Pontevedra.
Dende a CEMMA queren transmitir o seu agradecemento a patrona mayor de Lourizán, Mari Carmen Vázquez, e a Nerea, "atentas en todo momento", tamén aos bombeiros e ao persoal da Gardería de Medio Ambiente, "que se presentaron na zona para apoiar o rescate".
"Sobre todo a Manuel e a Carme, que acompañaron dende antes da chegada da CEMMA ata o final. Desta volta foi exitoso o rescate", din.
Estes labores lévanse a cabo no ámbito da Rede de Varamentos de Galicia, que funciona a través do convenio de asistencia a fauna mariña ameazada que a CEMMA ten coa Dirección Xeral de patrimonio Natural da Xunta de Galicia.
A presenza de golfiños nas Rías Baixas converteuse nunha estampa cotiá. Este verán o Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares documentou a presenza duns 3.000 exemplares de golfiño común que pescaban xuntos.
Relacionadas:
-
Alerta de varamento masivo de golfiños comúns na Ría de Arousa
Por Redacción |
-
"Varamento masivo" de golfiños nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
O CEMMA alerta da alta mortalidade de arroaces nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Dous arroaces irrompen en Aguete para mergullarse cos bañistas
Por Redacción |