Os veciños de Lapamán temen que a Xunta ignore as súas peticións para mellorar a seguridade na PO-551
Por Redacción
A obras de reforma da estrada PO-551 ao seu paso por Bueu manteñen preocupados aos veciños e veciñas de Sabarigo, na parroquia de Cela.
Este colectivo teme que a Xunta de Galicia faga caso omiso ás súas peticións para mellorar a seguridade no viario á altura da praia de Lapamán.
A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) prevé habilitar no cruzamento de entrada cara ao areal unha rotonda, ademais de humanizar unha senda peonil desde o linde co Concello de Marín e o propio cruzamento.
Durante o período de alegacións ao proxecto os veciños mantiveron encontros co Concello, técnicos da AXI e mesmo representantes da Consellería, chegando o goberno local a presentar varias alegacións na liña veciñal.
Estas queixas céntranse na posibilidade de alongar a senda peonil prevista ata a altura da praia de Agrelo, ao ser imposible evitar pisar a calzada en varios puntos entre Lapamán e o cruzamento de Castiñáns; a creación dun paso de peóns na contorna de Lapamán; e o tamaño da rotonda prevista.
Ante esta situación e o temor para ser ignorados os veciños de Sabarigo piden ao Concello de Bueu que presione á Xunta en defensa dos intereses veciñais e as súas peticións, que consideran "sensatas, necesarias e alcanzables".
Relacionadas:
-
Aproban o proxecto para mellorar a seguridade viaria na estrada entre Bueu e Marín
Por Redacción |
-
Trasladan ao goberno local as queixas da veciñanza de Ardán polo pintado da PO-551
Por Oskar Viéitez |
-
Bueu mellora os accesos ás praias de Agrelo e Portomaior
Por Redacción |
-
A veciñanza traslada as súas suxestións sobre a senda de Lapamán á conselleira Ethel Vázquez
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Xunta dá pasos para eliminar un treito de concentración de accidentes na estrada PO-551
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta adxudica a reforma do firme da variante de Marín, a PO-315 e a PO-551
Por Redacción |